Na actualidade estamos formando un grupo de persoas do ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermería en réxime de FP DUAL INTENSIVA. Este alumnado desenvolve parte da súa formación como bolseiras/os en empresas ou entidades do sector socio-sanitario que precisan deste perfil profesional no seu cadro de persoal, entre as que se poden atopar as clínicas dentais e outros centros que realicen actividade neste campo. No presente curso académico 2025-26 o período de formación en empresas será dende o 08/06/2026 ata o 04/12/2026. Nesta modalidade de formación as empresas abonan ao alumnado unha bolsa mensual polo traballo desenvolvido.
O noso alumnado fórmase nos seguintes módulos:
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica
- Técnicas básicas de enfermaría
- Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material
- Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente
- Operacións administrativas e documentación sanitaria
Aquelas persoas colexiadas ou empresas do sector que poidan estar interesadas en contar con alumnado bolseiro deste ciclo pódense poñer en contacto co noso centro a través do teléfono do mesmo 982 82 88 20, no correo electrónico dinamizacionfp.cifp.politecnico.lugo@edu.xunta.gal ou ben no teléfono móbil de Dinamización da FP Dual do CIFP Politécnico de Lugo 604.039.479.




